EIGTM

EIGTM Encontro Internacional de Grupos Tradicionais de Música

O 20 de Xuño de 2026 celebramos o 2º encontro internacional de grupos tradicionais de música en Goián.

Empeza ás 11:30 cunha arruada por parte dos grupos que confluirán na praza do pintor antonio Fernéndes. Na citada praza tocarán un par de pezas cada grupo.

Ás 14:00 faremos o xantar de confraternización entre os grupos que aproveitaran para descansar e coller forzas .

Ás 17:00 voltaremos a praza para tocar tres pezas cada grupo e unha ó remate todos xuntos.

Ás 19:00 remate do encontro e entrega de galardóns conmemorativos ós grupos

A continuación poñemos os cartaces, tanto do encontro coma do concerto final.



No concerto poderemos disfrutar da música galega a cargo dos grupos   de música tradicional de gaita e de violín do conservatoiro de música de Tui e o grupo de gaitas Canavelas de Matamá e o grupo Ar-Ghalleiros





Este é o mapa do lugar deste evento. Pincha nel para ir a Google Maps


A continuación poñemos o mapa co percorrido dos grupos e grupos asinados a cada percorrido.



Tamén se poden ver as coordenas de google maps para os que cheguen rezagados.

A recepción dos grupos será ó carón do pavillón polideportivo de Goián. Dende ahí serán acompañados por un membro da organización ó punto de saída.

Xa temos listo o libro sobre o encontro e os seus grupos que agardamos sexa dop voso agrado. Pincha no enlace de abaixo para velo.


Para despedir o encontro, tocaremos todos esta peza que demos por chamar a suita da raia. A continuación poñemos a partitura completa e os audios .
Queremos agradecer as comisións de festas de os Remdios e San Cristobo e a comisión do Entroido a súa colaboración na cesión de locais e útiles necesarios para diferentes momentos do  evento.

Iremos poñendo máis información, así a vaiamos tendo









Comentarios

Publicacións populares deste blog

Obradoiro de afinación e axustes da gaita galega

1º Encontro internacional de grupos tradicionais de música