Publicacións

Obradoiro de afinación e axustes da gaita galega

Imaxe
Obradoiro de afinación e axustes da gaita galega Introdución Como ben sabemos todos, a afinación é o maior quebradeiro de cabeza de calquera músico e dos gaiteiros tamén. É por isto que consideramos imprescindible facer este obradoiro, que nos axudará a comprender mellor o noso instrumento e axustalo para que soe o mellor posible e sexa comodo para nos como interpretes. Obxetivos Entre os obxetivos, cabe destacar os seguintes: Coñecer a interación entre as diferentes partes da gaita Saber cales son as partes que podemos e debemos traballar Como podemos axustar unha palleta Como podemos modificar a apertura dos buratos do punteiro sen modificar o punteiro Como afinar o ronco e que podemos facer co pallón Lugar e data de celebración Este obradoiro vai a celebrarse no Centro cultural de Sobra , Tomiño, o vindeiro sábado 4 de outubro Horario Actividade Horario Obradoiro 10:00 a 11:55 Descanso 11:55 a 12:10 Obradoiro 12:10 a 14:00 Xantar 14:00 a 16:00 Obradoiro 16:00 a 17:55 Descanso 17:55 ...

1º Encontro internacional de grupos tradicionais de música

Imaxe
 O 21 de xuño poderemos asistir ó noso 1º Encontro internacional de grupos tradicionais de música que se celebrará en Goián, Tomiño, e no que participarán grupos das dúas beiras do Miño. Empezaremos as 11:30 cá ruada dos grupos, para continuar cun xantar de confraternización. Ás 17:00 voltaran a tocar os grupos para pechar o encontro e dar paso ó concerto final.  Ás 19:00 teremos unha pequena ruada polo centro da vila a cargo da banda do clube da terceira idade de A Garda e as 20:30 o concerto. Ó remate do concerto, haberá foliada libre, polo que se tocas calquera instrumento, podes acoplarte ata que o corpo aguante. A continuación podedes ver os cartaces. No seguinte mapa podes ver o percorrido dos grupos e os grupos que van en cada un dos percorridos: Tamén se poden ver as coordenas de google maps para os que cheguen rezagados. A recepción dos grupos será ó carón do pavillón polideportivo de Goián . Dende ahí serán acompañados por un membro da organización ó punto de sa...
Imaxe
Concerto solidario en favor de SOS Tomiño. A entrada será de balde e pídese a xente que colabore cá recollidada de alimentos non perecedeiros en beneficio das persoas máis necesitadas. Tamén teremos varios agasallos que sortearemos ó longo do concerto entre os asistentes.

ERGONOMÍA PARA MÚSICOS

  ERGONOMÍA  PARA MÚSICOS CORRECCIÓN POSTURAL E TONIFICACIÓN Celebrouse en sobrada estas xornadas orientada fundamentalmente hacia as persoas que tocan un instrumento músical co fin de axudar a prevenir e minimizar as lesións producidas polas moitas horas de práctica necesarias para o uso dos instrumentos musicais. As data foron o 14 de setembro e o 19 de outubro Aínda  que a asistencia non foi moita, si que estaba moi interesada e implicada nesta formación e tivemos a sorte de poder contar con Jacobo, fisioterapeuta da clínica sinergia de Sanxemxo e músico que nos axudou a entender a problematica deste oficio, posibles lesións e formas de prevenilas. Agradecemos a tódalas persoas a súa asistencia e a Comunidade de Montes de Sobrada que unha vez máis, e xa van moitas, colaborou cedéndonos o auditorio do Centro Cultural. Se tivésemos máis demanda, organizariamos unhas novas xornadas. De vos depende. Leer máis

EMBT Escola de Música e Baile Tradicional

Imaxe
  EMBT Escola de Música e Baile Tradicional Estamos organizando o vindeiro curso 2024-2025 e sería bo que resevaras praza para non quedar fora. As clases que teremos son: Gaita galega Percusión tradicional Baile galego Canto En tódolos casos, e sempre que teñamos alumnado suficiente, tentaremos que as clases vaian por niveles, iniciación, mantemento e perfecionamento. Estarán derixidos a persoas que empezan na percusión, persoas que xa saben tocar e so aspiran a manter o nivel ou persoas que partindo xa dun nivel medio queiran mellorar.