1º Encontro internacional de grupos tradicionais de música

 O 21 de xuño poderemos asistir ó noso 1º Encontro internacional de grupos tradicionais de música que se celebrará en Goián, Tomiño, e no que participarán grupos das dúas beiras do Miño.

Empezaremos as 11:30 cá ruada dos grupos, para continuar cun xantar de confraternización.

Ás 17:00 voltaran a tocar os grupos para pechar o encontro e dar paso ó concerto final. 

Ás 19:00 teremos unha pequena ruada polo centro da vila a cargo da banda do clube da terceira idade de A Garda e as 20:30 o concerto.

Ó remate do concerto, haberá foliada libre, polo que se tocas calquera instrumento, podes acoplarte ata que o corpo aguante.

A continuación podedes ver os cartaces.



No seguinte mapa podes ver o percorrido dos grupos e os grupos que van en cada un dos percorridos:


Tamén se poden ver as coordenas de google maps para os que cheguen rezagados.

A recepción dos grupos será ó carón do pavillón polideportivo de Goián. Dende ahí serán acompañados por un membro da organización ó punto de saída.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

EMBT Escola de Música e Baile Tradicional

Quen somos

ERGONOMÍA PARA MÚSICOS