Construción dun pandeiro cadrado
OBRADOIRO DE CONSTRUCIÓN DE UN PANDEIRO CADRADO
Destinatarios
Calquera peroa interesada na elaboración de un pandeiro cadrado.
Non se precisa formación previa
ObxetivosCoñecer e aplicar as técnicas básicas para a construción dun pandeiro tradicional de pel cosido a man.
Metodoloxía
E un obradoiro eminentemente práctico e interactivo onde as persoaa participantes irán acadando os coñecementos precisos a medida que os poñen en práctica. As persoas participantes levaranse, ó remate do obradoiro, o instrumento recen construído que eles elaboraron.
Inscrición
A inscrición realizarase a través do formulario que poderás atopar na nosa web https://forms.gle/9zicYHpCBJotDZgdA ou descargando a ficha de inscripción en pdf e enviándoa por correo electrónico a acarroutada@gmail.com.
A inscrición non estará completada ata que se abone o seu importe íntegro.
Prezos
O prezo deste obradoiro será de:
- 70€ para socios/as da asociación cultural Arroutada e na'máis
- 85€ para as persoas non sexan socios/as
Poderase escoller entre dous tamaños:
- 35 x 35 x4 cm
- 38 x 38 x4 cm
O ingreso do importe da inscripción farase por transferencia bancaria na seguinte conta: CaixaBank IBAN: ES03 2100 4532 2522 0030 6744.
Para que a inscripcion implique reserva de praza no obradoiro, ten que terse feito o ingreso e enviado o xustificante da transferencia ó correo acarroutada@gmail.com
Data e horario
Este obradoiro realizarase o 28 de novembro en horario de 10:00 a 14:00 horas. A duración estimada é de entre 3 a 4 horas, dependendo das destrezas do alumnado.
No caso de que haxa moitas persoas interesadas na súa realización, realizariamos outro na xornada de tarde, dende as 16:00 ás 20:00 horas
Lugar de celebración
Celebrarase no Centro Cultural de Sobrada, concello de Tomiño. En función das necesidades da organización, poderá modificarse o lugar de celebración e notificarase a ubicación precisa ó alumnado inscrito unha semana antes do inicio do mesmo.

Comentarios
Publicar un comentario