Obradoiro de afinación e axustes da gaita galega


Obradoiro de afinación e axustes da gaita galega

Introdución

Como ben sabemos todos, a afinación é o maior quebradeiro de cabeza de calquera músico e dos gaiteiros tamén. É por isto que consideramos imprescindible facer este obradoiro, que nos axudará a comprender mellor o noso instrumento e axustalo para que soe o mellor posible e sexa comodo para nos como interpretes.

Obxetivos

Entre os obxetivos, cabe destacar os seguintes:
  • Coñecer a interación entre as diferentes partes da gaita
  • Saber cales son as partes que podemos e debemos traballar
  • Como podemos axustar unha palleta
  • Como podemos modificar a apertura dos buratos do punteiro sen modificar o punteiro
  • Como afinar o ronco e que podemos facer co pallón

Lugar e data de celebración

Este obradoiro vai a celebrarse no Centro cultural de Sobra, Tomiño, o vindeiro sábado 4 de outubro

Horario

Actividade

Horario

Obradoiro

10:00 a 11:55

Descanso

11:55 a 12:10

Obradoiro

12:10 a 14:00

Xantar

14:00 a 16:00

Obradoiro

16:00 a 17:55

Descanso

17:55 a 18:10

Obradoiro

18:10 a 20:00


O obradoiro estará impartido por Isidro Vidal, gaiterio, compositor e mestre de música tradicional.

Inscripción prazas e prezo

Dadas as características do obradoiro e para facilitar o mellor aproveitamento posible do mesmo, só ofertamos 10 prazas. Se tivésemos moita demanda, veriamos a posiblidade de voltar a facelo o máis axiña posible

As Reserva de praza deberá facerse cubrido o formulario que tedes máis abaixo e enviando a acarroutada@gmail.com o o whatsapp 657667498

O prezo do obradoiro é de 40€ para público en xeral e aplicarase un desconto 10€ ás persoas que sexan socias da asociación Arroutada. Non poderá acollerse a este desconto as persoas con menos de 6 meses de antigüidade como socias.

A inscripción considerarémola definitiva cando se achegue o xustificante de ter abonado o importe o obradoiro e será por extricto orde de chegada do pago da mesma. O abono deste importe farase por transferencia bancaria no número de conta: 

ES03 2100 4532 2522 0030 6744

Tódolos días publicaremos nas nosas RRSS o número de prazas que van quedando vacantes. Se aínda así alguén abonara o importe do obradoiro e non poidera entrar, poñemos a súas disposición dúas alternativas:
  • Devolverlle o importe abonado
  • Quedar inscrito para unha segunda edición
Formularios:
Se tes calquera dúbida, os nosos canles de comunicación son:
  • Whatsapp: 657667498
  • Correo e.: acarroutada@gmail.com
  • Facebbok: https://www.facebook.com/acarroutada
  • Instagram: https://www.instagram.com/_.arroutada._/
  • Bluesky: https://bsky.app/profile/acarroutada.bsky.social

Comida

O centro cultural dispón de servizo de cafetería, polo que se alguén desexa quedar acomer alí, que o faga constar no formulario de inscripción para reservar sitio.

Intentaremos facer un menú o máis asequible posible e este non entra no prezo do obradoiro. Tamén cabe a posiblidade de que cada un traia comida pola súa conta e a coma alí mesmo.

A menos de 5' tamén hau unha tapería na que se poderá comer









Comentarios

Publicacións populares deste blog

Quen somos

1º Encontro internacional de grupos tradicionais de música