EMBT
EMBT - ARROUTADA
Escola de Música e Baile Tradicional
Estamos organizando o vindeiro curso 2024-2025 e sería bo que resevaras praza para non quedar fora.
As clases que teremos son:
- Gaita galega
- Percusión tradicional
- Baile galego
- Canto
O número mínimo de alumnado por grupo será de 10 persoas e un máximo de 15, agás en Baile Galego onde o mínimo será de 12 persoas e o máximo de 20. Se o grupo é menor e ten moito interese no curso, este podería impartirse pero cun prezo incrementado en función do número de persoas interesadas.
Os días e horarios das clases está por determinar, en función do número de alumnado e do nivel de cada un.
As clases desenvolveranse preferentemente no Centro Cultural de Sobrada, aínda que contaremos con outras ubicacións dependendo das necesidades organizativas. Estas poderían ser a Casa dos Mestres de Amorín ou o auditorio de Goián.
Hai posibilidade de clases individuais e o prezo das mesmas é de 12€/hora. Cada persoa deberá coordinar o horario ca persoa responsable do grupo.
Se queres que organicemos os cursos en outro lugar, ponte en contacto con nos para ver as condiccións requeridas.
Ó longo do curso tamén desenvolveremos diversos obradoiros que terán un 20%de desconto para o alumanado da escola e un 50% para socios. Estos descontos non son acumulables.
Estos prezos están suxeitos a que academos un número mínimo de alumnado. No caso de non acadalo, os prezos veranse incrementados ata chegar ó prezo que cobra a persoa que os imparte.
Para inscribirte, preme no enlace de Formulario e cubre tódolos datos do mesmo. Se premes no formulario en liña, so tes que darlle enviar; no caso de premer no formulario en pdf, terás que envialo por correo eléctronico a acarroutada@gmail.com
Comentarios
Publicar un comentario