Quen somos

Somos unha asociación de recente creación, concretamente do 29 de Outubro de 2022 e que pretendemos adicarnos a difusión e promoción da cultura galega en xeral e da cultura musical da nosa terra en particular. É por isto que dentro da asociación acabamos de crear unha treboda.

Para quen non o saiba, as treboadas son agrupacións musicais típicas de Tomiño que están compostas por varios bombos de considerables dimensións, varias gaitas e algunhas caixa, como pode verse na seguinte foto.

Esta éra a formación típica das treboadas, se ben agora, adoitan ter máis bombos e máis gaitas como se pode ver a continuación.


A continuación, podes ver outras fotos da nosa treboada en diferentes eventos. Nesta primeira, a nosa participación no aniversario do centro cultural de Sobrada

A continuación temos 2 fotos dun pasarrúas poolo centro de Tomiño


Aquí podes vernos preparados para a carreira de carretillos no entroido de Goián do 2023


En plena carreira de carretilos, Goián 2023

Aquí temos unha foto do grupo case ó completo

Agora uns vídeos da nos participaón en diversos eventos. Neste primeiro podes vernos polo mercado de Tomiño

No nadal en Goián acompañando ó Papá Noel

Animando o San Brais de Benbrive


A continuación amosámosche un par de vídeos da nosa última participación na foliada de Tui



Tamén temos en mente a creación dun grupo folck con pandeiretas, acordeóns, violíns e guitarras. Se estás interesado en participar en calquera dos dous proxectos, ponte en contacto con nos.



Comentarios

Publicacións populares deste blog

EMBT Escola de Música e Baile Tradicional

ERGONOMÍA PARA MÚSICOS