Publicacións

Música na Rúa

 Ven o nadal e con el as típicas celebracións e festas familiares. Nos decidimos colaborar con este ambiente de celebración e decidimos levar a nosa música as rúas polos concellos de O Baixo Miño. e comarcas axacentes. Podes seguirnos nas seguintes datas e lugares A Guarda o 2 de decembro Vigo o 16 de decembro, pendente de autorización Tui o 23 de decembro, ás 19:00 hora na Corredoira, xunto ó palco. Tomiño, O Seixo o 30 de decembro. Ás 19:00 hora na praza de O Seixo Iremos informando puntualmente nas nosas redes sociais

Quen somos

Imaxe
Somos unha asociación de recente creación, concretamente do 29 de Outubro de 2022 e que pretendemos adicarnos a difusión e promoción da cultura galega en xeral e da cultura musical da nosa terra en particular. É por isto que dentro da asociación acabamos de crear unha treboda. Para quen non o saiba, as treboadas son agrupacións musicais típicas de Tomiño que están compostas por varios bombos de considerables dimensións, varias gaitas e algunhas caixa, como pode verse na seguinte foto. Esta éra a formación típica das treboadas, se ben agora, adoitan ter máis bombos e máis gaitas como se pode ver a continuación. A continuación, podes ver outras fotos da nosa treboada en diferentes eventos. Nesta primeira, a nosa participación no aniversario do centro cultural de Sobrada A continuación temos 2 fotos dun pasarrúas poolo centro de Tomiño Aquí podes vernos preparados para a carreira de carretillos no entroido de Goián do 2023 En plena carreira de carretilos, Goián 2023 Aquí temos unha foto ...